Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2012

tarxeta moedeiro para voda

Como unha curmá miña casa dicidín facerlle un detalle xa que vai a ser unha voda íntima cos pais...e non asistirei. Con un pouco de maña fixen ista tarxeta moedeiro.

Cumpreanos Xiana

Para o Cumpre da miña peque fixen invitacións un pouco variadas, aquí vos deixo unhas fotos.

Día do pai

Isto é o que a miña peque e eu fixemos para o meu marido o día do pai. Ela elexía e eu obraba, que a coitada aínda ten dous anos. Os materiais...nada do outro mundo, cartulinas rugosas, lisas, lazos, botóns, uns stickers de letras brillantes e animaliños de madeira.

De nenas

Este nadal regaleilles aos meus pais iste pequeno detalle que lles fixo moita ilusión. Atopei unhas fotos nas que a miña irmá e eu estamos moi graciosas, de pequenos todos estamos ben, e apetecíame facer algo orixinal. Alá collín a caixa das galletas e xa tiña o esquelete do marco. Logo elixín uns papeis da colección le' romantique de graphic 45 e a traballar. Gústavos?

Retales de mí

Iste libriño, fíxeno para a miña curmá de 14 anos. Leva dende os 12 publicando escritos alucinantes no seu tuenti e eu quería facer algo con iles; así que un día comecei a pensar e saiu isto, unha edición caseira do seu primeiro libro con fotos e todo. As páxinas pinteinas eu con pastel o que pasa e que non volo podo amosar por que é un traballo privado e so para a miña curmá. Polo menos ensínovos a potada. Farteime a trenzar lazos...ji,ji,ji.

Album zig-zag

Iste Album fíxenllo a miña irmá, xa que tras ver unhas fotos familiares quería copias e pareceume mellor darllo de esta maneira. Foi o meu primeiro Scrap. O papel que empreguei é de Graphic 45, colección le' romantique. Leva perlas de cores e glossy para destacar detalles da imaxe. Espero que vos guste.