Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2013

Libro de firmas para unha voda

Seguindo un tutorial de Manoli Navarro e con uns cantos materiais fixen este libro de firmas para unha voda.

Un LO para Martín

Como regalo de cumpreanos para o meu curmán, fixen un LO. Que difícil foi roubarlle posados, ha,ha,ha...é ver unha cámara é desaparece!!!

Mini álbum zigzag

Este ano, decidinme a elaborar un minialbum en zigzag para a miña curmá pequena Helena. Facendo acopio de fotos, collín uns papeis, decoracións...e isto foi o que saiu, espero que vos guste!!

CROP Galega 2013

Un ano máis, puidemos asistir á CROP en Cambados, que marabilla!!!! Da mán de Manoli Picatúa e Paticia Vilas-Boas fixemos uns proxectos xeniais.

Album de Viaxe a USA

Para este álbum empreguei cartón, tea de encadernar ,que merquei a moi bo prezo en totenart ( tenda on-line que vos recomendo), papeis de temática de viaxes, lazos, brads… Espero que vos guste.

Tarxeta de agradecemento.

Esta vez tocoume facer unha tarxeta para unha restauradora, os amigos aos que axudou querían darlle as grazas e pensei que estes papeis irían ben. O papel que imita madeira e os que empreguei para facer a casiña  son da colección de Pórtico. Os outros son de basic gray e un brad e adhesivos de indie. Espero que vos guste. 

Album para un súperbebé

Fai dous mesiños naceu o último campeón da familia, o meu primo Hugo. Aínda non lle puiden dar un coliño pero agora coas vacacións espero poder coñecelo e darlle este regaliño que lle fixen. Espero que vos guste. Como case sempre, sniff, sniff, a mitade das fotos saen do revés.

Tarxeta con firmas e dedicatorias

Fai uns días os mestres do colexio regalámoslle unha figura de Sargadelos a cociñeira do cole e compi de tódolos días, Rocío, que se nos casa. Para acompañalo regalo, fixen unha tarxeta na que firmar. Espero que vos guste.

Un novo premio!!!

Muchas gracias, Maria Giner por este regalo!!! Podéis conocer su blog aquí: http://popperscrap.blogspot.com.es/ El premio en cuestión, se entrega para dar a conocer blogs que están empezandoy así ayudarles a alcanzar una mayor difusión. Para logralo hay que nombrar el blog que te lo ha concedido, hacerte seguidora del mismo y premiar a otros 11 blogs con menos de 200 seguidores, hacerte seguidor de estos y formularles 11 preguntas: Mis respuestas a las 11 peguntas de María son: 1. ¿Para ti qué es el scrapbook? - Es una liberación de adrenalina, una manera estupenda de pasar tiempo creando cosas maravillosas. 2. ¿Dónde sueles scrapear? - En mi mesa de scrap, que yo misma diseñé y construí junto a mi maridín. 3. A parte del scrap, ¿Haces otras cosas? - Broches, diademas... 4. ¿Vendes tus trabajos?¿Cómo los vendes y cómo decides su precio? - Suelo hacer scrap para regalar pero cuando me piden algún trabajillo intento que cubran gastos y añado un 20% 5. ¿Qué colores pre

Album A nosa historia (taller de Manoli Picatúa)

Este proxecto é precioso como todo o que se fai da man de Manoli. Ainda non está completo xa que quero escribir cousas de cada foto, pero máis ou menos listo.

Album de cumpreanos e dedicatorias

Este album aínda está sen montar xa que unha vez decorado e coas fotos non me parece apropiado ensinalo. Aínda así espero que vos guste.

Libro-tarxeta de firmas para unha voda

 Ola a tod@s , aquí vos deixo outra das miñas "cousiñas". Un libro de firmas para unha compañeira da escola que se casa. Espero que vos guste. Fíxeno en formato 15x15 nas portadas e 30x30 nas pezas de cartulina interiores.